02/01/2007 | La Voz de Galicia
Certifican a eficacia dunha nova depuradora para núcleos pequenos.
A Universidade de Santiago (USC) certificou a eficacia dunha innovadora planta depuradora para pequenos núcleos de poboación, deseñada e construída pola viguesa SMA Solucións Ambientais. O grupo de Ecoeficiencia da USC coordina os traballos que están levando a cabo as tres universidades galegas para desenvolver un modelo que permita simplificar o mantemento destas plantas depuradoras en toda Galicia.
Manuel Bao, catedrático da universidade compostelá e máximo responsable científico deste proxecto, destacou desta nova planta o proceso biolóxico que utiliza para depurar a auga, o que impide a xeración de lodos e permite que a auga depurada póidase reutilizar en regadíos e para a limpeza.
Seguimento
Na actualidade hai instaladas xa plantas deste tipo en máis de 150 municipios de Galicia, Castellón e Tenerife. O grupo de Ecoeficiencia pretende desenvolver un modelo matemático de seguimento destas plantas, para ofrecer un servizo eficaz de mantemento e garantir a calidade do fluído depurado, sen ter que analizar cada unha das instalacións de forma individual.
Ver Fuente de Origen de esta noticia