O proxecto posibilitará, concretamente, a instalación de 35 plantas en 19 concellos do sur da provincia que desembocan no río Miño (30 en núcleos de poboación de ata 500 habitantes e outras 5 depuradoras para núcleos de ata 250 veciños). Os 19 concellos pontevedreses que se verán beneficiados pola colocación de depuradoras son A Cañiza, Crecente, Arbo, Salvaterra, As Neves, Covelo, Mos, Ponteareas, Pazos de Borbén, Tui, Mondariz, Porriño, Oia, Barro, Cambados, Ribadumia e Silleda.
Última tecnoloxía
A empresa (Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A) é a encargada de subministrar as depuradoras. Tal e como explicou o conselleiro delegado da mesma, Marcelino Otero López, as plantas contan cunha tecnoloxía moi avanzada.
Están baseadas nun tratamento biolóxico que non necesita a incorporación de aditivos e cloros posto que son as bacterias naturais as encargadas de actuar sobre os residuos orgánicos de forma natural. As depuradoras son prefabricadas e compactas que non producen lodos, malos olores nin ruídos. Os gastos de explotación non superan os 200 euros ó mes e a obra civil para a súa instalación é sinxela posto que permanecen a ceo aberto. Ademais teñen unha vantaxe importante xa que ó ser prefabricadas poden ser trasladadas a outro emprazamento.
Por outra parte e tal e como explicou Marcelino Otero López as plantas foron creadas para ser autómatas, é dicir, que poden ser controladas a través dun ordenador e non precisan o control permanente de persoal especializado.
Funcionamento das plantas
O traballo da depuradora comeza cunha trituradora que funciona case permanentemente. O líquido resultante pasa a unha cámara na que se inxecta osíxeno para que as bacterias poidan actuar. Este produto pasa a unha segunda cámara onde se produce a decantación para, posteriormente, pasar á outra cámara a través dun reactor biolóxico que deposita a auga biodegradada e filtrada nun terceiro depósito onde se pr
Ver Fuente de Origen de esta noticia